Continúan as sancións pola suba de prezo de Movistar Fusión en 2015

martes, 27 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Nas últimas semanas Telefónica está a comunicar aos usuarios de Movistar Fusión a suba de tarifasA suba de tarifas que Movistar aplicou aos clientes dos seus paquetes Fusión en 2015 pese a publicitar que o seu prezo manteríase «para sempre» non para de recibir sentenzas que deixan clara a ilegalidade cometida pola operadora, aínda que en cada comunidade autónoma a resposta dos organismos competentes está a ser moi desigual. Temos así que hai un par de anos dende a Xunta Arbitral de Consumo de Galicia xa se obrigaba a Movistar a devolver o cobrado de máis aos seus clientes, e agora temos que a Direcciónj Xeral de Comercio e Consumo da Comunidade de Madrid impuxo ao operador unha ridícula sanción de 30.000 euros, mentres que paralelamente dende o Consello de Goberno da Xunta de Andalucía resolveron impor unha multa de 6,23 millóns de euros a Movistar pola primeira suba de tarifas de Fusión. Esta última cantidade pode parecer elevada, pero realmente só 870.000 euros corresponderían a unha sanción por publicidade enganosa e cláusulas abusivas, de xeito que os 5,36 millóns de euros restantes sería a cantidade que estiman que se cobrou ilicitamente.
Dende FACUA consideran que as cantidades cobradas ilicitamente por Movistar foron maiores das estimadas polo Goberno andaluz, polo que solicitaron copia do expediente sancionador para ver se é posible recorrer o importe, e lembran que Telefónica continuou a aplicar subas de prezo posteriores, polas que aínda non houbo resolucións. Ante a falta de reaccións contundentes por parte do Estado tamén decidiron levar o asunto aos tribunais e, de conseguirse unha sentencia favorable, o xuíz podería anular as sucesivas subas de prezo de Movistar Fusión, coa conseguinte devolución dos cartos cobrados irregularmente (que actualmente é de até 166 euros por usuario) e o establecemento dos prezos vixentes antes de maio de 2015.

PUBLICIDADE