Continúan as mobilizacións contra a deslocalización de servizos de R

martes, 27 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Tras varias semanas de mobilizacións por mor da deslocalización de postos de traballo por parte de R, o traballadores de COMFICA e Indra, contratas do operador de telecomunicacións, desenvolveron hoxe unha xornada de folga de 24 horas e un paro laboral de 3 horas respectivamente, en protesta contra o proceso de traslado de servizos iniciado por Euskaltel, e que podería pór en perigo máis dun milleiro de empregos en Galicia.
Mañá continuarán as protestas, pretendéndose que a Xunta de Galicia interveña dalgún xeito para mitigar os efectos dunha situación que ameaza con ter un impacto no emprego galego, pola deslocalización de servizos a Asturias. Aínda que as mobilizacións manteranse, dende COMFICA acordaron suspender a folga que mantiñan, tras comprometerse a empresa a recolocar aos 20 traballadores que tiñan o seu posto en perigo tras o cambio de rumbo de R, que en setembro iniciará o traslado de servizos a Asturias.

PUBLICIDADE