Contact e a CEO fan un libro dixital a prol da seguridade no traballo

venres, 27 de febreiro do 2015 Redacción

A axencia de mercadotecnia Contact Comunicación, emprazada en Ourense, vén de desenvolver un innovador proxecto divulgativo e formativo para o departamento de Prevención de Riscos Laborais da Confederación de Empresarios local. O resultado final do traballo, creativo e moi ameno, é un libro de ilustracións presentado en formato dixital. A través del, a Confederación ourensá quixo facer fincapé na necesidade de que os traballadores teñan hábitos saudábeis, tanto nos seus ámbitos de traballo como fóra deles.
Tamén se incide en como estas pautas e condutas teñen potencial para mellorar calidade e produtividade persoal, ao tempo que diminúen accidentes laborais. O libro titulase Cárgate de Vida, e inclúe unha páxina de reprodución a que se accede a través dun banner da propia web da Confederación de Empresarios de Ourense.

PUBLICIDADE