Conseguen correr aplicacións de iOS baixo Android

mércores, 14 de maio do 2014 Marcus Fernández

Dende o Laboratorio de Sistemas de Software da Universidade de Columbia están a sorprender cun proxecto chamado Cider que vén de demostrar a posibilidade de emular iOS dentro de Android, o que permitiría que un smartphone ou tablet co sistema operativo de Google puidese correr aplicacións deseñadas para os trebellos de Apple, aínda que só a un nivel moi básico, posto que Android non é quen de recoñecer o hardware de Apple, polo que non podería acceder aos sensores do móbil.
Este sistema funciona emulando as librarías e frameworks de iOS que funcionan no núcleo do sistema operativo de Apple, aínda que correndo realmente baixo Android, o que é un importante avance de cara a conseguir que as aplicacións para iPhone e iPad poidan funcionar noutros dispositivos, quedando aínda moito traballo por diante para que as aplicacións realmente interesantes e exclusivas poidan dar o salto de plataforma mediante este método.


Vídeo no que demostran o funcionamento de aplicacións de iOS nun Nexus 7

PUBLICIDADE