Confirman que a explosión dun móbil non causou unha morte en Corea do Sur

venres, 30 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Un traballador surcoreano de 33 anos foi achado morto cun móbil queimado no seu peito (pois o levaba no peto da súa camisa) sospeitándose que podería ser a primeira persoa que morre por culpa dun móbil.
O traballador dunha canteira tería graves queimaduras, costelas rotas e unha hemorraxia interna, segundo os responsables de urxencias do Hospital Universitario Chungbuk, que atribúen a morte a explosión da batería do móbil, aínda que a gravidade das queimaduras fai dubidar desta diagnose, de xeito que haberá que agardar á autopsia para saber se foi realmente o móbil o causante da morte.
Dende LG, fabricante o terminal conflitivo, aseguran que a explosión descrita é virtualmente imposible.
ACTUALIZACIÓN: Un compañeiro de traballo do falecido confirmou que a defunción correspondeu a un accidente laboral, e a explosión do móbil foi unha farsa.

PUBLICIDADE