Confirman a sanción da Comisión Europa a Google Shopping

mércores, 10 de novembro do 2021 Marcus Fernández

A Comisión Europea iniciou en 2010 unha investigación contra Google por abuso de posición dominante por dar prioridade ao seu comparador de prezos nos resultados de busca, o que en 2017 traduciuse nunha sanción por valor de 2.420 millóns de euros que a compañía de Mountain View recorreu, pero que finalmente é firme despois de que o Tribunal Xeral confirmase a decisión inicial ao considerar que ao dar prioridade nos resultados de busca a un servizo propio Google estaba realizar unha práctica que atenta á competencia.
A nova sentenza deixa claro que a conduta de Google foi contraria á lexislación europea e, aínda que os comparadores de prezos son servizos moi importantes para que os consumidores poidan realizar compras informadas, é preciso que estas plataformas sexan transparentes e respecten as normas establecidas para manter un mercado competitivo.
Pero esta non é a última sanción que Google recibirá da Comisión Europea, pois ten en marcha outros procedementos relativos a Android e a AdSense, que probablemente tamén rematarán confirmando importantes sancións.

PUBLICIDADE