Condenan a un estudante a pagar 675.000 dólares por descargar 30 cancións a través da Rede

luns, 3 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O estudante de 25 anos, Joel Tenenbaum, foi declarado culpable de descargar 30 cancións a través da Internet utilizando programas coma KaZaA e LimeWire, polo que terá que pagar un total de 675.000 dólares de sanción, de xeito que o tribunal federal de Boston cifra en 22.500 dólares o que debe pagar por canción descargada, o que é unha cantidade considerablemente inferior á que estipularan no caso de Jammie Thomas-Rasset, á quen condenaron a pagar 1,92 millóns de dólares por descargar 24 temas musicais a través de KaZaA.
Sony foi a compañía denunciou a Tenenbaum, estudante que declararase insolvente, pois loxicamente un estudante carece dos recursos para satisfacer unha sanción tan elevada, o que podería repetirse noutras causas semellantes, pois as cantidades que están a manexarse nos xuízos contra usuarios particulares nos EE.UU. están moi lonxe de poder satisfacerse por parte de cidadáns medios.

PUBLICIDADE