Condena de cadea ao youtubeiro que humillou a un mendigo

venres, 31 de maio do 2019 Marcus Fernández

O ano pasado provocou un grande rebumbio que un youtubeirio dedicase unhas das súas gravacions para humillar a un indixente a través de YouTube facéndolle entrega dun paquete de galletas Oreo recheas de dentífrico, conseguindo un elevado volume de reproducións e unha acusación que esixía tanto compensación polos danos morais provocados como unha pena de cadea de 3 anos.
Finalmente as autoridades xudiciais consideraron que as accións de Kanghua Ren, máis coñecido polo alcume de ReSet, eran merecedoras dunha condena de prisión de 15 meses (ao carecer de antecende non terá que ingresar nun centro penitenciario), a indemnizar ao mendigo de orixe rumana con 20.000 euros por danos morais.
Pero unha das cousas que máis está a dar que falar é que a sentenza recolle que o acusado non poderá acudir ao escenario do delito durante 5 anos, ou sexa, que afástao de YouTube e incluso terá que manter pechada a canle durante o tempo que dure a condena.
ReSet, con máis dun millón de usuarios hai un ano, segundo a sentenza tería humillado ao mendigo «para captar de xeito efectivo a atención morbosa dos seus seareiros», o que no seu momento levou a actuar á Fiscalía de delitos de odio, que contemplou na canle de Kanhua Ren, «un claro acto e inequívoco de contido vexatorios». A sentenza remarca que non estamos ante «un caso illado» xa que ReSet amosou outros «comportamentos crueis» no pasado, como repartir a anciáns e nenos emparedados con excrementos de gato. Tamén salientan que Kanghua Ren non só cometeu os feitos denunciados, senón que tamén os divulgou masivamente en YouTube, provocando unha distribución masiva do vídeo que posteriormente borrou (reacción que non impide que o vídeo continúe a circular impunenmente).

PUBLICIDADE