Concellos Dixitais contará con 3,5 millóns de euros en subvencións entre 2008 e 2009

martes, 11 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O DOG publica este martes a resolución do 31 de outubro da Consellería de Innovación e Industria na que se publican as subvencións concedidas dentro do programa Concellos Dixitais 2008-2009 que destina un crédito máximo de 100.000 euros para o ano 2008 e de 1.000.000 de euros para o ano 2009 para cubrir dende o 55% ata o 90% dos investimentos subvencionables recollidos na solicitude en función da poboación de dereito do concello solicitante.
Os investimentos totais superan os 1,02 millóns no caso dos concellos máis pequenos, os 1,01 millóns para os de entre 5.000 e 10.000 habitantes, 938.000 euros para os de máis de 10.000 habitantes e 574.000 euros para cidades con máis de 35.000 habitantes.
Foron obxecto de subvención 80 proxectos de 85 concellos, que se poden consultar nun documento en formato PDF.

PUBLICIDADE