Compostela, presente no palmarés do segundo certame de creación audiovisual das Cidades Patrimonio

mércores, 27 de xuño do 2018 Redacción

Finalmente o palmarés do segundo Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio ten presenza galega. Máis polo miúdo, a do compostelán Alejandro Gesto, que, cunha peza sobre a riqueza patrimonial de Compostela, gañou o devandito certame na categoría de 19 a 30 anos. A listaxe de gañadoras/es foi dada a coñecer onte pola Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, do que forma parte o Concello de Santiago.
Este concurso para mozos e mozas creadoras de entre 16 e 30 anos forma parte das celebracións do 25 aniversario da rede e enmárcase no Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Divídese en dúas categorías: de 16 a 18 anos e de 19 a 30. Nesta última, alzouse co primeiro premio Alejandro Gesto. O certame conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Con esta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de entre 16 e 30 anos, o grupo quere propiciar un maior coñecemento e sensibilización cara ás quince Cidades Patrimonio, potenciar o uso das novas tecnoloxías, desenvolver a creatividade no eido da imaxe e estimular a capacidade de observación da contorna da cidade.
Gañadores
Categoría de 16 a 18 anos
Primeiro Premio, dotado cun smartphone de última xeración para cada un dos integrantes do equipo e de equipamento informático por valor de 3.000 euros para o Centro Xuvenil da cidade:
Ana Beira Pozo, Belén Baixo Ortega e Lucía Lara Cardona, de Córdoba
Título do traballo: Córdoba, una ciudad de ensueño.
Categoría de 19 a 30 anos
Primeiro Premio, dotado con 2.000 euros
Alejandro Gesto Louro, de Santiago de Compostela
Título do traballo: Cal é o maior patrimonio de Santiago?
Segundo Premio, dotado con 1.500 euros
Raquel Echeandía Sánchez, de Alcalá de Henares
Título do traballo: Alcalá, ilustrar al mirar
Terceiro Premio
Gabriel Novau Blanch, de Tarragona
Título do traballo: La millor manera de conoixer el patrimonio de Tarragona

PUBLICIDADE