Compostela acolle esta semana unhas xornadas galego-portuguesas sobre coñecemento libre

luns, 14 de marzo do 2011 Fernando Sarasketa

As II Jornadas Galego-portuguesas de Ediçom Independente chegan esta semana a Santiago logo dunha semana de actividades en Porto. Os encontros, que de xeito inevitable centran algúns dos seus obxectivos en avaliar as posibilidades das redes como ferramentas axeitadas para buscar novos xeitos de publicar e informar (independentes, accesíbeis), están organizados por Gato Vadio, Casa Viva, Corsárias, Estaleiro Editora e Colectivo Hipátia. As actividades a desenvolver en Santiago consistirán en avaliar molo miúdo, a través dunha serie de mesas redondas, temas como a situación dos medios de comunicación galegos, a restricións dos dereitos civís, o coñecemento para a transformación social (contándose cun amplo feixe de recursos dixitais para ir comezando) ou as diferentes facianas da crise produtiva na que estamos inmersos.
As xornadas, que contarán coa presenza dunha ducia de activistas de distintos eidos, vanse desenvolver dende hoxe luns até o 17 de marzo, ás 19 horas, na Biblioteca Ánxel Casal, emprazada na avenida Xoán XXIII. A maiores, o 18 de marzo porase o punto e final a esta edición das jornadas cun recital poéticomusical que se celebrará no Bar As Dúas a partir das 22 horas. A continuación, damos conta do programa, punto por punto:

· 14 de marzo segunda-feira

Na Galiza em Galego! A situaçom dos meios de comunicaçom nacionais a debate:

Comba Campoy (Tempos Novos), Marcos Pérez Pena (xornalista), Xoán R. Sampedro (Novas da Galiza) e Gerardo Rodrigues (Portal Galego da Língua).

· 15 de marzo, terça-feira

Estado de excepçom normalizado. A restriçom dos direitos civis na ofensiva ultraliberal: Borxa Colmenero (Ceivar), José A. Brandariz (Esculca), Miguel Fernández (Foro galego da imigración), Sandra Garrido (PreSOS), Rui Pereira (jornalista, Universidade do Minho).

· 16 de marzo, quarta-feira

Pensamento à margem. O conhecimento para a transformaçom social: Maria do Cebreiro Rábade Vilar (teórica da literatura), Tareixa Ledo Regal (socióloga), Marcial Gondar Portasany (antropólogo), Francisco Sampedro (filósofo)

· 17 de marzo, quinta-feira

As caras da crise. Movermo-nos politicamente num momento de resistência social: Laura Bugalho (CIG), Carme Freire (SLG), David Rodríguez (Fonambulista Coxo), Antom Santos (Escola Popular Galega)

· 18 de marzo, sexta-feira | 22h00 | Bar As Duas. Encerramento jornadas

Festaleiro Corsário Vadio. Recital poético-musical Copyleft

PUBLICIDADE