Compostela Monumental móstranos os segredos e utilidades de LinkedIn

luns, 12 de abril do 2021 S. P.

Teresa Hernández Armentia, técnica de orientación laboral en Compostela Monumental

A Asociación Compostela Monumental pon en marcha un curso especialmente confeccionado para a promoción profesional, laboral e empresarial. Trátase do curso en liña Aprende a usar LinkedIn, encadrado no Programa Integrado de Emprego da asociación, que se desenvolve de maneira conxunto coa Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, e máis en concreto coa Dirección Xeral de Formación e Colocación.
A actividade formativa, que finalizará o día 22 de abril cun total de 15 horas lectivas, levarase a cabo baixo a modalidade de teleformación e será impartido por Teresa Hernández Armentia, que é técnica de orientación laboral en Compostela Monumental.
Os obxectivos marcados de saída é que todos/as os/as integrantes do Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental aprendan a utilizar de forma básica esta ferramenta de redes sociais na que os seus usuarios, ademais que inserir o seu s respectivos perfís profesionais, poden acceder a ofertas de emprego, contactar con empresas, recibir información do mundo laboral, etc.
Por certo que para o día 23 de abril levará a cabo unha nova acción formativa similar baixo o título de Sácalle partido a LinkedIn.

PUBLICIDADE