Compostela Monumental mostra nun curso como sacar partido da rede social LinkedIn

luns, 26 de abril do 2021 S. P.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios Compostela Monumental vén de poñer en marcha o curso en liña Sácalle partido a LinkedIn, unha actividade formativa de capacitación profesional abeirada ao seu Programa Integrado de Emprego, e que a patronal da zona histórica compostelá desenvolve conxuntamente coa Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, e máis en concreto coa Dirección Xeral de Formación e Colocación.
O curso, que finalizará o día 3 de maio cun total de 15 horas lectivas, lévase a cabo baixo a modalidade de teleformación. Está a ser impartido por Teresa Hernández Armentia, técnica orientadora laboral de Compostela Monumental.
Os obxectivos son permitir que as persoas participantes aprendan a tirar proveito desta rede social na que os seus usuarios, ademais que inserir os seus respectivos perfís profesionais, poden acceder a ofertas de emprego, contactar con empresas, recibir información do mundo laboral, etc.
Por certo que o pasado venres pasado rematou unha acción formativa similar baixo o título de Aprende a usar LinkedIn.

PUBLICIDADE