Compostela Monumental activa un novo curso de informática básica para persoas sen emprego

mércores, 7 de abril do 2021 S. P.

Participantes nos cursos de informática de Compostela Monumental nunha imaxe de arquivo

A Asociación de Comerciantes e Empresarios Compostela Monumental iniciou unha nova edición do seu Curso de Informática Básica encadrado no Plan Integrado de Emprego da asociación para homes e mulleres sen traballo. A acción, que será presencial e que seguirá as máis estritas medidas de seguridade sanitaria, levarase a cabo até o próximo día 22 de abril na aula de formación que Compostela Monumental ten na Algalia de Arriba 31, en horario de 17:00 a 19:30 horas de luns a xoves.
Alberto Fandiño Mariño, é o docente encargado de impartir esta nova edición cun total de 25 horas de formación, na que se tratará de conseguir que os participantes melloren a súa alfabetización informática e logren destreza con ferramentas laborais cada vez mais estendidas a todos os niveis como a Rede ou os smartphones e todo o relacionado con software de oficina.

PUBLICIDADE