Como facer mellores vehículos autónomos con Intelixencia Artificial, ao detalle este venres no CIA de Ourense
mércores, 10 de marzo do 2021
O
ciclo de charlas Os venres con IA que desenvolve o Centro de
Intelixencia Artificial do Concello de Ourense en colaboración coa
UNED-Ourense analizan esta semana as
posibilidades das tecnoloxías intelixentes e da ciencia de datos
para a identificación e modelado de vehículos autónomos. O
relatorio, a cargo do profesor David Moreno Salinas, poderase
ver en streaming a través dunha ligazón específica en
Youtube.
Segundo
informan o Concello e a UNED sobre os porqués deste novo relatorio,
se ben os vehículos autónomos están a implantarse en múltiples
áreas tanto industriais e de transporte como de lecer, e se ben
moitas das operacións que desenvolven baséanse en algoritmos de
Intelixencia Artificial, é preciso seguir ampliando horizontes en
materia de precisión de modelado e identificación. Nestes retos
(contribuír a superar as vellas metodoloxías de traballo) é onde
se vai apoiar en boa medida a sesión programada para este venres 12
de marzo.
A
seguinte cita dos Venres con IA será o vindeiro 26 de marzo:
Intelixencia Artificial e Axenda 2030, a cargo da profesora Ángeles
Manjarrés.