Como buscar emprego na Rede, polo miúdo en Ponteareas

martes, 28 de febreiro do 2017 Redacción

O día 2 de marzo terá lugar nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas o obradoiro A procura de emprego on line, unha actividade formativa de carácter práctico destinada a capacitar ás persoas inscritas na procura optimizada de traballo en Internet a través de portais de emprego especializados, metabuscadores ou aplicacións.
Amais, no taller falarase polo miúdo sobre portais de empresas de traballo temporal, sobre as listaxes de substitución das Administracións Públicas, sobre o manexo do boletíns (como o Diario Oficial de Galicia DOG, o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra BOPPO ou o Boletín Oficial do Estado BOE), e mesmo sobre grupos de traballo en redes sociais (Facebook, LinkedIn, etc.) As persoas interesadas poden chamar ao Servizo de Orientación Laboral ao teléfono 986 661 050 para anotarse no obradoiro.

PUBLICIDADE