Comezou en Rianxo un obradoiro para formar á cidadanía no uso de móbiles e tabletas

martes, 18 de abril do 2023 S. P.

Estes días comezou en Rianxo o obradoiro de manexo de móbil e tableta co que o Goberno local pretende axudar a reducir a fenda dixital (a que separa á poboación con adestramento tecnolóxico da que, por razóns sociais, económicas, culturais, de idade e de xénero, non o ten). Debido ao alto número de solicitudes, o Concello confirmou que organizará outro grupo que empezará para o vindeiro mes, ou sexa en maio.
O obradoiro formou parte dun ciclo formativo duplo de introdución ás tecnoloxías que tamén incluíu un taller sobre certificado dixital e sede electrónica (destinado a facilitar entre a veciñanza a realización de xestións co certificado nas sedes electrónicas das administracións) que se celebrou os días 3, 4 e 5 de abril de 10.30 a 12.00 h na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo. Sobre o obradoiro de manexo de móbil ou tableta, búscase iniciar ás persoas adultas do concello no manexo destes dispositivos. Este taller desenvolverase os xoves de abril e maio de 18.15 a 19.45 h no Auditorio de Rianxo.

PUBLICIDADE