Comezan a detectar curiosidades na versión española de Google Street View

xoves, 30 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Sorprende que Google Street View difumine as cara que aparecen en carteis

A estrea de Google Street View en España segue os mesmos pasos que o servizo nos EE.UU., e moitos usuarios están a detectar curiosidades neste engadido aos mapas de Google que presenta imaxes de 4 cidades españolas a pé de rúa, como poden ser a detección dunha persoa en Pamplona e outra en Sevilla fotografando o coche de Google que está captando as imaxes para o novo servizo; ou a constatación de que a tecnoloxía que desenfoca as caras dos transeúntes en un funcionamento irregular, pois deixa algunhas caras sen desenfocar incluso ante grupos de peóns e pola contra tapa as caras de actores de cine en carteis promocionais.
Dende La Vanguardia tamén contan o caso dunha cidadá que se puido atopar nunha secuencia de 7 fotografías nas que se lle pode ver collendo o autobús, deixando claro que estamos só ante o inicio de moitas anécdotas baseadas neste curioso á vez que útil servizo que dará moito que falar cando comece a presentar as imaxes captadas nas principais cidades galegas.

Fotografar a un fotógrafo é algo bastante habitual para o coche de Google



O desenfoque de caras nas imaxes captadas aínda resulta un tanto arbitrario

PUBLICIDADE