Comeza o I Congreso Internacional de Blockchain de Galicia

venres, 29 de setembro do 2023 Redacción

Hoxe botou a andar BlockGalicia, o I Congreso Internacional de Blockchain de Galicia con gran éxito de participación e asistencia, participando no acto de inauguración o decano do COETTGA, José Manuel Martínez, quen destacou que as telecomunicacións e a tecnoloxía blockchain garanten que os procesos sexan inalterables, inmutables e públicos”.
No acto o presidente de Agalbit, Fréderic Fernández, agradeceu o esforzo que tanto os organizadores como os relatores puxeron no evento para facer chegar a máis persoas o mundo blockchain. Ademais da importancia destes encontros presenciais nos que os asistentes poden poñerse en contacto e aproveitar para facer networking conectando con outros interesados no sector.
Na inauguración tamén participaron a directora xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, María Pilar Chapela e o concelleiro de Economía e Facenda de Santiago de Compostela, Manuel César Vila.

O Congreso

Os participantes en BlockGalicia están a coñecer as últimas novidades da man dos directores xerais das empresas máis importantes de blockchain en España e Latinoamérica xa que este encontro contan coa participación de máis de 30 profesionais entre os que se atopan os directores xerais de empresas tan recoñecidas dentro do sector como DEXTools, BitBase, Maniac Panda Games, Material Bitcoin, Fundación Luckia, Litlab Games, EthicHub, entre outras.
BlockGalicia conta con relatores e empresas punteiras que mostran todo o que esta tecnoloxía pode facer por mellorar as nosas vidas e o gran abanico de oportunidades laborais que abre. O sector do gaming, os NFT, o metaverso, a banca e mesmo a seguridade e ciberseguridade, da man dunha ligazón en Europol de cibercrimen teñen cabida neste encontro que está a desenvolverse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
Por primeira vez reúnense en Galicia referentes do sector da tecnoloxía blockchain como Koh Onozawa, Julián Beltrán, Carlota Corzo, Dani Cerqueiro, Pablo López, Alex Fernández, Adriá Llorens, Eneko Astorkiza, Mihail Mitev, Javier Palomino, Pablo Ojanguren, Joan de Ramón, David Noya, Miguel Ángel Romero, Katricyan, Jesús Lorente, Gabi Urrutia, Carlos Celorrio, Danyl Shatko, Uxío Fraga, Xavier Baldó, José Antonio Suárez, Carlos Lorenzo, José Iglesias, Fonso Rodríguez, Miguel Caballero, Marcos Carrera, Roberto Bértolo, entre outros.
“É probable que non volvamos ter unha oportunidade similar en Galicia. Volver congregar a este cadro de persoal de expertos e empresas, que nos brindan a oportunidade de adquirir uns coñecementos máis aló do que podemos atopar na internet, preguntar dúbidas directamente e case interrogalos, vai ser case imposible”, sinala José Manuel Martínez, decano do COETTGA, “E misión e obxectivo do Colexio Oficial de Ing. Técnicos de Telecomunicacións divulgar, educar e atraer talento e oportunidades. Teño que dicir que estou orgulloso e que xunto con AGALBIT e Dextools, conseguímolo facer realidade en Galicia. Penso que será dentro duns anos cando se lle dea valor ao fito histórico que alcanzamos este ano en Galicia no ámbito das TIC e as Telecomunicacións”.

PUBLICIDADE