Comerciorianxeiro.gal xa ofrece información activa dun centenar de negocios locais
xoves, 28 de maio do 2020
A
web posta en marcha para apoiar e visualizar o comercio rianxeiro
antes, durante e despois da desescalada,
comerciorianxeiro.gal,
segue adiante gañando en participación e repercusión: xa dá
acubillo a un centenar de establecementos e, ademais, todo indica a
que este número incrementarase a curto e medio prazo.
A
páxina, da
que puidemos coñecer os primeiros detalles no mes de abril, por
exemplo o seu importante factor de visibilidade para os
establecementos que ían volvendo á actividade (ou que seguiron
abertos durante o máis duro do Estado de Alarma), foi posta en
marcha con recursos propios de Rianxo en Común, co obxectivo de
(tamén) de irse afacendo aos cambios producidos durante a evolución
da crise sanitaria, introducindo novidades como datos máis completos
sobre os negocios acubillados ou información de utilidade para
empresas e veciñanza (por exemplo a relación das axudas económicas
do Estado, un portal de emprego). Agora, segundo informan os
responsábeis da web, todos os servizos incluídos serán “mellorados
e incrementados nas vindeiras semanas”.
A
páxina, que como dixemos conta xa con medio cento de
establecementos, cifra que se quere aumentar día a día, recibe unha
media de 100 visitas diarias, o cal, segundo informan os seus
impulsores, “dá boa mostra de que se trata dunha ferramenta de
utilidade e dun recurso cada vez máis empregado”.
- Julián Bustelo, de Rianxo en Común, un dos artífices da iniciativa web