China supera a EE.UU. en número de internautas

luns, 21 de abril do 2008 Marcus Fernández

China leva meses liderando o mercado mundial de telefonía móbil, e agora parece que tamén supera a EE.UU. en número de internautas, xa que estiman que durante o mes de marzo se superaron os 233 millóns de usuarios da Rede fronte aos 220 que ten os EE.UU.
Estes datos aínda son máis significativos se consideramos que durante 2006 o número de chineses conectados á Internet medrou un 53% e na actualidade só un 17% da poboación pode acceder á Rede, ou sexa, que teñen moita marxe de crecemento, mentres que os EE.UU. parecen estancados na súa penetración do 71%.

PUBLICIDADE