Chega dende o Campus de Lugo unha nova edición do obradoiro de tendas virtuais con Prestashop

venres, 21 de maio do 2021 S. P.

A Aula TIC Pemes da USC puxo en marcha dende o Campus de Lugo unha nova edición do seu obradoiro virtual de xestión de tendas virtuais con Prestashop, un programa formativo en liña estruturado en 50 horas lectivas que se desenvolverá ata o 23 de xuño de 2021. A inscrición pode facerse online.
Trátase dunha actividade orientada fundamentalmente a autónomos e empresarios pero aberto á participación de todos os maiores de idade.
O custe xeral da matrícula é de 60 euros, unha taxa que se verá reducida nun 50% para todas as persoas vinculadas coa USC ou que mantiveran esta ligazón no pasado.
As persoas que completen a formación impartida ao abeiro deste obradoiro recibirán cadanseu certificado acreditativo da Aula TIC-Pemes da USC.

PUBLICIDADE