Chega a versión 1.5 da aplicación de Facebook para BlackBerry

mércores, 22 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de terminais BlackBerry de RIM que fagan uso de redes sociais poden actualizar a aplicación de Facebook para o seu móbil, que vén de estrear a versión 1.5, que finalmente permite integrar a información dos contactos do terminal cos de Facebook, de xeito que entre outras cousas podemos ver os contactos do teléfono representados polo gráfico que os representa no seu perfil de Facebook.
Aparte dos contactos, tamén se sincronizan os calendarios (con información sobre aniversarios e eventos), aínda que sobra dicir que a aplicación para BlackBerry tamén permite actualizar o estado de Facebook, mandar mensaxes aos contactos e escribir no seu taboleiro.

PUBLICIDADE