Carlos Jean estrea aplicación oficial para Android

luns, 11 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Así podemos ver a aplicación de Carlos Jean nun tablet

O creador galego Carlos Jean estrea estes días unha interesante aplicación oficial para Android, que ofrece contido exclusivo e inédito do artista a través unha experiencia única de navegación, coas súas mellores fotografías e vídeos máis impactantes, facilitando o seguimento dos seus concertos, dos eventos nos que participa, as súas aparicións na prensa... e incluso unha Zona Premium que por 4,49 euros facilita o acceso a numerosos contidos exclusivos durante 3 meses.
Esta aplicación móbil xa estaba dispoñible para iOS, pero agora amplía o seu público potencial achegándose a Android, onde ofrecerá tamén os seus novos contidos, entre os que o vindeiro luns estarán sesións completas deste coñecido DJ.
Carlos Jean tamén quere achegarse aos interesados en introducirse no mundo da produción dixital a través dunha revista multimedia que polo momento só está dispoñible para iOS, atendendo así aos milleiros de peticións que facían os seus seguidores, e que está a artellarse a través dun curso de produción dividido en 4 capítulos.

PUBLICIDADE