Carlos Barrabés abre a xeira de relatores do Congreso Internacional de Novos Empresarios en Vigo

mércores, 8 de maio do 2013 Redacción

Este xoves, da man do alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurase oficialmente a sexta edición do Congreso Internacional de Novos Empresarios, unha convocatoria especialmente centrada na innovación arredor das novas tecnoloxías do coñecemento, tal e como amosa o feito de contar no programa cun bo número de persoeiros representantes deste novo modelo económico, como son Carlos Barrabés (Barrabes.com), Rodrigo del Prado (bq), Iñaki Arrola (Coches.com) ou Pau García Milá (eyeOS e Bananity). O congreso dá comezo ás 10.15 horas, da man do devandito Abel Caballero e máis do presidente da AJE local, Rubén Hermida, así como doutros profesionais e representantes públicos da provincia de Pontevedra.
Tras a inauguración do evento (que vén da man de AJE Vigo), o primeiro relator en intervir será Carlos Barrabés, fundador de Barrabes.com, unha referencia mundial en alpinismo e deportes de montaña e, sobre todo, en distribución en liña de material relacionado con estas prácticas deportivas. En sesión de mañá tamén intervirá Antonio Catalán, fundador das cadeas hostaleiras NH e AC. Tanto estes como os restantes relatores, informa a organización, procurarán contaxiar o espírito que os levou ao éxito, mentres que as mesas redondas abordarán temas como a situación económica, as alternativas de financiamento para as PEME e o emprendemento. O congreso desenvólvese no Centro Social Novacaixagalicia da rúa Policarpo Sanz de Vigo.
Programa do xoves 9 de maio de 2013
09:30 Acreditacións
10:00 Presentación. Apertura
10:15 Acto inaugural
10:45 Relatorio Carlos Barrabés / Barrabes.com. Incluído na listaxe de Novos Líderes Globais
11.45 Descanso
12:15 Relatorio Rodrigo do Prado / Mundo Readers
13.15 Relatorio Antonio Catalán / AC Hotels by Marriott
14.00-16.00 Comida
16.00-17.30 Mesa Made in Galicia
Cristina Fernández Armesto. Casa Grande de Xanceda
Marcelo Toural. Zapaterías Krack
María Jesús Otero. Naviera Illa de Ons (Nabia)
Joaquín Martinez Silva (Kin). Esmerarte
17:30 Relatorio Iñaki Arrola / Coches.com. Emprendedor en Internet e bussines angel
18:30 Relatorio Pau A. Montserrat / Futur Finances. Autor de A Banca culpable.

PUBLICIDADE