Carballo Interplay entregou os seus galardóns

mércores, 22 de abril do 2015 Redacción

A pasada fin de semana, tras tres xornadas de pases, proxeccións e relatorios (houbo máis de corenta proxeccións de obras audiovisual ligadas á contorna dixital), déronse a coñecer as obras premiadas na edición 2015 do Festival Carballo Interplay. Así, o galardón á mellor webserie foi para Fracasados por el mundo, unha crítica aos programas de televisión que entrevistan aos emigrantes españois que traballan noutros países e amosan as súas opinións sobre as “múltiples vantaxes” de liscar da terra de orixe. Ademais, a galega Clases de lo social proclamouse gañadora do Premio do Público, Fame foi a mellor webserie en versión orixinal en galego e Comaland gañou o galardón á mellor webserie de animación.
Polo que respecta ao recoñecemento ao mellor guión (patrocinado pola AGAG) foi dar a Vincent Finch. A mellor webserie internacional foi para británica Future Duck. Pola súa banda, Pinkoo levou unha mención especial no apartado de animación, e La caída de Apolo obtivo outra mención no apartado de webserie de imaxe real. A mellor actriz foi Carla Pueyo (La caída de Apolo) e o mellor actor Oriol Vila (Nico&Sunset).

PUBLICIDADE