Cancelado o seminario Cartoon Dixital por mor das restriccións no espazo aéreo
luns, 19 de abril do 2010
A nova de que o volcán Eyjafjallajökull
entrara en erupción a pasada semana colleunos a todos por sorpresa e poucos eran
os que, por aquel entón, sabían que lonxe de ser unha inofensa expulsión de
lava que só molestaría aos residentes do lugar, as cinzas do volcán cabreado romperían
a monotonía de toda a cidadanía europea así como da de parte do mundo.
Aquí en Santiago, debido ás
consecuencias que está a provocar no espazo aéreo europeo as cinzas do
devandito volcán co peche da meirande parte dos aeroportos de Europa, Cartoon vén
de verse na obriga de cancelar e pospoñer o evento Cartoon Digital, previsto inicialmente para mañá martes, 20 de
abril.
Este seminario de animación dixital, que está patrocinado polo Xacobeo
2010 e pola Xunta de Galicia, retomarase, segundo a organización, “en vindeiras datas, unha vez que finalicen
as restricións nos voos dentro do espazo aéreo europeo”.