Cameo quere facerse un oco no mercado español
martes, 8 de febreiro do 2022
Nas últimas horas son bastantes os medios de comunicación
que están a dar conta do desembarco de Cameo
en España, aÃnda que na práctica hai bastante tempo que xa están activos no
noso territorio, polo que podemos entender que estamos ante unha campaña para
dar a coñecer esta plataforma que incluso conta xa con clons locais como Cleb.
Este tipo de páxinas web ofrecen a posibilidade de encargar vÃdeos
personalizados a celebridades de distintos ámbitos (cine, televisión, música,
redes sociais, deporte...) a cambio dunha cota que pode ir aos petos dos
artistas ou a algunha entidade benéfica da súa elección. Temos asà que pedir un
saúdo de Alaska, de Pocholo ou de Chenoa custa 83 euros, de Pau Gasol custarÃa
261 euros, e se recorremos a estrelas internacionais podemos atopar a Mike Tyson
pedindo 17.400 euros por un vÃdeo, ao rapeiro Ice T cobrando 392 euros por
saúdo, ou ao actor Don Johnson cobran 435 euros por vÃdeo. Cameo tamén ofrece a
posibilidade de gravar vÃdeos para empresas e conta tamén con eventos en
directo para que poidan sumarse a interactuar varias persoas á vez con algunha
celebridade.
Polo momento o catálogo español de
Cameo é moi limitado, especialmente se comparamos o servizo con Cleb, pero
é de esperar que mellore en breve xa que as celebridades non teñen exclusividade,
polo que poden estar en varias plataformas deste tipo sen maior problema.