Caixanova crea unha plataforma para facilitarlle ás empresas o acceso á tecnoloxía

venres, 4 de xaneiro do 2008 Raquel Noya

A entidade galega Caixanova vén de crear unha plataforma en Internet que ten como principal obxectivo facerlle máis accesibles as novas tecnoloxías ás pequenas e medianas empresas de Galicia.
Esta nova ferramenta da resposta tanto ás necesidades tecnolóxicas das empresas, aportando información das diferentes posibilidades que ofrece o mercado, como á súa financiación, que é de balde para os clientes.
A través da web www.renovaciontecnologica.com e en colaboración con Ineo (Asociación de empresas TIC de Galicia), as empresas teñen a posibilidade de demandar as solucións tecnolóxicas que precisen e recibir información detallada das distintas posibilidades que ofrece o mercado así como as tarifas e as súas opcións de financiación.
Caixanova tamén ofrece un teléfono (902 905 004) a disposición dos empresarios para a aclaración de calquera dúbida, así como para a demanda dun maior asesoramento especializado.
Entre os servizos que ofrece esta plataforma atópanse solucións de e-negocio, adquisición ou renovación de equipamento, solicitude e xestión de dominios de Internet ou relativos a I+D ou á propiedade intelectual, entre outros.

PUBLICIDADE