Cabozo permite integrar imaxes envolventes de Photo Sphere

mércores, 16 de xaneiro do 2013 Redacción

Unha das novidades máis destacables en Android 4.2 é sen dúbida a posibilidades de tomar fotografías envolventes no que deron en chamar Photo Sphere, utilidade que permite retratar o noso contorno para amosalo coma se estivese dentro do Street View de Google, e que polo momento ten unha difusión moi reducida, tanto polos poucos dispositivos que funcionan con Android 4.2 como pola limitación de uso desta ferramenta (que practicamente está limitada a Google+) o que non impediu á xente de Cabozo a facilitar a integración na súa web, de xeito que os usuarios de Android 4.2 poden publicar estas imaxes no seu taboleiro (para o que recomendan versión móbil de Cabozo) para que poidan gozarse dende o ordenador (aínda que o soporte de navegadores web aínda é algo limitado, recomendándose especialmente o uso de Google Chrome).
Para comprobar o funcionamento desta funcionalidade podemos visitar unha entrada no taboleiro de achegas de Cabozo, onde figuran un par de exemplos.

PUBLICIDADE