CVC Capital Partners faixe co 70% do operador de telecomunicacións R
luns, 15 de novembro do 2010
Tras canalizar a
compra do 35% de R o pasado mes de abril, e como estaba previsto, o fondo
de investimento CVC Capital Partners ampliou o seu capital no operador de
telecomunicacións de orixe galega ata o 70%, polo que a compañÃa deixa de estar
controlada por capital maioritariamente local, quedando o 30% restante de R en
mans de Caixanova.
Segundo CVC, R manterá a súa sede social actual en Galicia, e con esta
operación o
fondo de investimento «potenciará a
expansión e crecemento de R noutros mercados» apostando tamén pola súa
consolidación en Galicia.
Dende R aseguran que a
formalización desta operación «supón unha
inxección de liquidez e reforzo da estrutura financeira de R» e aÃnda
que Caixanova teña menos peso no accionariado iso non impedirá que a empresa
confirme «o seu papel protagonista no
desenvolvemento do sector das telecomunicacións de Galicia».