CVC Capital Partners canalizou a compra do 35% de R
martes, 13 de abril do 2010
Distintos medios coma Xornal
de Galicia e Radio Coruña-Cadena SER están a dar conta nas últimas horas dos
avances nas negociacións entre Caixanova e Caixa Galicia no tocante á súa fusión,
e ás consecuencias para o operador galego de cable R, participado nun 66,2% por
Caixanova, e que poderÃa deixar de contar cunha participación maioritaria
galega se prosperan as negociacións
coa firma de capital de investimento CVC, que negociarÃa unha compra progresiva da compañÃa de
telecomunicacións.
Dende Xornal de Galicia detallan que Caixanova
terÃa «moi avanzada» a venda dun 30%
de R con plusvalÃas de 100 millóns de euros, quedando a entidade co
36,24% de R, de xeito que continuarÃa a ser o accionista maioritario; aÃnda que
outras fontes afirma que este só serÃa un paso na desgaleguización de R.
Esta operación financeira leva varios dÃas rumoreándose, o que provocou que máis
de 1.700 usuarios de Facebook sumáranse a un grupo en oposición á venda de R
a capital estranxeiro, e Vieiros
consultou a distintos actores de referencia no sector TIC galego,
coincidindo unanimemente en que a venda de R irÃa en contra dos intereses de
Galicia, parecer compartido incluso por representantes sindicais, que prevén a
deslocalización laboral no futuro.
ACTUALIZACIÓN: Fondos asesorados
por CVC Capital Partners adquiriron
unha participación do 35% do operador galego de cable R,
incrementando o control da compañÃa no futuro (adquirirán a Caixanova un 30% da compañÃa durante os vindeiros 3 anos), aÃnda que asegurando
que manterán a súa sede social e operativa en Galicia, segundo o managing partner de CVC, Javier de
Jaime, quen engadiu que «CVC comparte
plenamente os obxectivos de Cainova, pois tamén os fondos de private equity son
investidores a longo prazo, cun perÃodo de permanencia nas compañÃas de case 9
años. (..) A nosa aposta é única e exclusivamente pola profesionalidade da
xestión».
Esta operación parte da valoración
da compañÃa de telecomunicacións galega en 675 millóns de euros, e
suporá unha inxección de liquidez e reforzo na estrutura financeira de R.