CLUN asesora aos gandeiros na incorporación de robots de muxido nas súas explotacións

xoves, 9 de novembro do 2023 Redacción

A cooperativo CLUN está a asesorar aos seus socios de cara á modernización e automatización das explotacións leiteiras, que grazas á tecnoloxía están a atopar a solución á falla de persoal no sector. Hoxe preto de tres centos gandeiros participaron nun encontro sobre o emprego de robots de muxido, impulsado pola marca holandesa Lely, especializada en maquinaria e robótica agrícola.
A xornada tivo lugar na Gandería Queirugueira do Valdo Dubra, socia de CLUN, que levan xa 4 anos empregando esta tecnoloxía, con 3 robots e un achegador de comida, salientándose que non só é importante o sistema automático de muxido, senón tamén que o sistema regula a cantidade de granulación do peso que se ofrece no robot e a composición da comida ofrecida no presebe, facilitando así o axuste da alimentación en función do estado da produción.
Un dos técnicos de CLUN, José Antonio González, explicou na xornada que cada robot de muxido atende a uns 60 animais e fan 3 muxidos ao día grazas a que poden operar as 24 horas do día (xa que na meirande parte das explotacións só poden facer 2 muxidos diarios).

Vídeo no que podemos ver o funcionamento dun dos robots de muxido de Lely

PUBLICIDADE