CATS Galicia converte a Santiago no centro do estudo das tecnoloxías responsábeis e solidarias

martes, 26 de xuño do 2012 Fernando Sarasketa

O encontro deste xoves tivo o seu precedente nunha edición madrileña

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, o CNTG, emprazado en Santiago de Compostela, vai acoller este 28 de xuño a primeira edición dunha xuntanza profesional e tecnolóxica, apoiada polas principais asociacións TIC da nosa terra, dirixida a pór de relevo os múltiples camiños de beneficio mutuo que presentan as novas tecnoloxías e os eidos da saúde, o benestar e a igualdade. O evento, chamado #CATS_GALICIA, vén da man da Fundación Tecnoloxía Social, que comezou en febreiro de 2012 a edición española do mesmo, #CATS_MAD, onde quedou claro que a tecnoloxía con fins sociais é un negocio ético, solidario e, a maiores, sostible.
Semellante espírito, adaptado á realidade galega, trasládase agora á xuntanza deste 28 de xuño en Santiago de Compostela, onde se darán citas empresarios, emprendedores, investigadores, institucións e usuarios finais de novas tecnoloxías solidarias-inclusivas. No evento, como dixemos, participarán as principais asociacións empresariais TIC da nosa terra, é o caso de AGESTIC, EGANET e INEO.
A xornada tamén servirá para presentar os obxectivos da proposta e para que diversas empresas do eido nacional presenten os seus proxectos de tecnolóxia responsábel. Este será o miolo da primeira parate do encontro. Na segunda serán as empresas galegas as que tomen a palabra, amosando ideas e proxectos e compartíndoos cos presentes, co fin de asentar os alicerces das máis que posíbeis colaboracións futuras en tecnoloxías sociais. O evento-iniciativa tamén co apoio directo da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que dirixe Mar Pereira.
A continuación damos conta do programa.

9:30 – 10:00 Acreditación
10:00 – 10:30 Apertura Institucional #CATS_GALICIA
Intervencións:
Enrique Varela Couceiro, Presidente FTS.
José María López Bourio, Presidente AGESTIC.
Víctor López García, Presidente EGANET.
Jorge Cebreiros Arce, Presidente INEO.
Alfonso Blasco García, Director CNTG.
Felicitas Rodriguez González, xefa de departamento de Sociedade da Información de AMTEGA – Área de Sociedade Dixital.
10:30 – 11:45 Bloque 1: – TECNOLOXÍA SOCIAL: UN NEGOCIO CRECENTE E OPORTUNO.
Presentacións:
ELEA soluciones: “Automatización en fogares e fincas.”
INCLUSITE: “A solución para que TODO funcione a TODOS na INTERNET.
11:45 – 12:15 Coffee-working (Café faladoiro ou coloquio)
12:15 – 14:00 Bloque 2: – MESAS REDONDAS de EMPRESAS TIC DE GALICIA: TECNOLOGÍA, RSE Y NEGOCIO
12:15 – 13:00 Panel 1, liña asistencial
Presentación: Lucía Gregorio Rodríguez, directora xeral de Ineo.
Intervencións:
INFOJC: Traballos en TIC asistencial para persoas con mobilidade reducida; presentación experiencia AMENCER-Aspace, sobre a súa plataforma iDigitalBox.
LEVEL TELECOM: Sistema de Monitorización intelixente de alertas persoais para grupos de risco e proxecto INNTERCONECTA de Fogal Dixital.
13:00 – 13:45 Panel 2, líña saúde
Presentación: José María López Bourio, Presidente AGESTIC.
Intervencións:
IMAXDI: Monitorización de pacientes crónicos de corazón, mellora calidade de vida, diagnósticos temperáns, mellora asistencia en accidente cardíaco. NACODEAL (Natural Comunication DEvice for Asisted LIiving): Dispositivo portable de axuda aos pacientes que sufran una perda de memoria leve, e nos primeiros estadios de enfermidades neurodexenerativas.
MEGA SISTEMAS: Sistema, ANESTIC, que serve para a comunicación de incidentes críticos no Servizo de Anestesia.
13:45 Coloquio
14:00 Peche de CATS Galicia

PUBLICIDADE