Byte recompensará economicamente aos seus creadores

luns, 2 de marzo do 2020 Marcus Fernández

A aplicación de vídeos curtos Vine esmoreceu en boa medida por ignorar aos creadores de contidos, que esixían unha remuneración polo seu traballo dun xeito semellante a como facía YouTube, e a aplicación que quere coller o seu relevo, Byte, non quere repetir o mesmo erro, e agora que está a emerxer anuncia a creación dun programa para animar aos creadores a seguir publicando contido.
En vez de ofrecer unha comisión sobre a publicidade vendida, como fai YouTube, dende Byte propoñen un programa inicialmente limitado a EE.UU. (coa intención de chegar ao resto do mundo) no que cada 120 días establecerán un grupo de até un cento de creadores entre os que repartirán unha bolsa de 250.000 dólares (con pagamentos cada 30 días), botando a andar esta iniciativa o 15 de abril.
Con este programa de socios Byte quere animar aos novos creadores a crear vídeos curtos na liña do que anteriores se facía en Vine, ofrecendo contido orixinal e participando activamente nunha comunidade que consumo vídeo panorámico en vertical.

PUBLICIDADE