BuyVIP continúa sen dar detalles sobre unha posible vulneración dos datos dos seus usuarios

luns, 12 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Parte da mensaxe que recibiron por e-mail os clientes de BuyVIP o pasado venres

O pasado venres os usuarios do servizo de compra privada BuyVIP recibiron unha mensaxe por correo electrónico no que advertían que podería terse producido un acceso non autorizado aos seus datos persoais como nome, enderezo de correo electrónico, dirección de envío, data de nacemento, teléfono e contrasinal, mentres que os datos das tarxetas de crédito continuarían a salvo, pero que de todos os xeitos podería facilitar futuras suplantacións de identidade, o que resulta preocupante para os moitos milleiros de usuarios que ten este servizo que actualmente é propiedade de Amazon, e que con esta crise está a perder a confianza dos seus clientes, posto que tras a alarma da semana pasada continúa sen dar ningún tipo de explicación a través de canles oficiais, como o seu blog, Twitter ou Facebook, quedando patenten a indignación dos usuarios nesta última plataforma, onde aseguran que daranse de baixa na plataforma ante a mala atención.
Estamos ante un claro caso no que está a resultar peor a mala resposta da compañía que o fallo de seguridade padecido, resultando evidente que as empresas con tantos clientes deben coidar máis a súa presenza nas redes sociais, e utilizalas para achegarse aos usuarios e non como canles publicitarias.

PUBLICIDADE