Busymulator permite programar a recepción de chamadas ao móbil

mércores, 28 de maio do 2008 Marcus Fernández

O uso de Busymulator é moi sinxelo

Unha chamada telefónica recibida no móbil pode ser a desculpa ideal para abandonar unha xuntanza ou unha cita que non sae cómo agardamos, de aí que Sinergyne Global Comunications S.L. decidise lanzar o servizo Busymulator, que vén a ser un programador de chamadas que funciona mediante mensaxes de texto.
Deste xeito, se mandamos un SMS ao 5507 co texto BUSY1, recibiremos unha chamada telefónica no prazo dun minuto, mentres que se o texto é BUSY30 ou BUSY60 a chamada recibiríase en 30 e 60 minutos respectivamente, o que serve tanto para lembrar unha tarefa a desenvolver como para buscar unha desculpa para saír dunha situación comprometida.
Este novo servizo funciona só dentro do territorio español e o seu custo é de 1,20 euros + IVE por mensaxe. Para engadir credibilidade ás chamadas xeradas, estas inclúen unha gravación de son con ruído de ambiente e unha voz de dá a benvida, o que fai que as persoas que están ao noso redor ao recibir a chamada perciban a chamada coma real.

PUBLICIDADE