Bubok lanza un editor de balde de libros electrónicos

luns, 24 de setembro do 2012 Fernando Sarasketa

Bubok, a plataforma de autopublicación de libros, comezou esta semana cunha novidade de interese para autores e para lectores. Máis polo miúdo, os responsábeis do servizo poñen en marcha BubokWriter, unha ferramenta de balde que permite crear. “de xeito doado e cómodo”, libros electrónicos en formato ePub, que é o formato estándar que se adapta aos diferentes tamaños das pantallas do amplo abano de lectores de e-books que hai arestora no mercado (iPad, iPhone, Kindle ou Papyre, entre outros).
Esta aplicación posibilita escribir “directamente o libro na propia plataforma web, como un editor de texto calquera, onde tamén podemos engadir imaxes ou importar textos dende un arquivo Word”. Ao rematar o libro, a plataforma permite publicalo e vendelo a través de Bubok. Polo tanto, a gran novidade é que a partir de agora os escritores poden publicar obras non só en formato PDF, senón tamén en ePub “ampliando deste xeito as posibilidades de lectura”.

PUBLICIDADE