Brión organiza un curso de Microsoft Excel 2007

martes, 11 de xaneiro do 2011 Redacción

O Concello de Brión vén de convocar un curso de Microsoft Excel 2007 para todas aquelas persoas que “desexen aprender a empregar a folla de cálculo, útil para útil para a elaboración de plantillas, cadros estatísticos, rexistros, etc”. As clases terán lugar no telecentro de comunicacións os luns, mércores e venres do 2 de febreiro ao 18 de marzo, ata completar un total de 40 horas lectivas. O prazo de inscrición queda aberto ata o vindeiro venres 28 de xaneiro na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08. A cota de inscrición é de 50 euros e o alumno poderá elixir entre dous horarios: de mañá (de 10:30 a 12:30 horas) ou de tarde (de 20:00 a 22:00 horas).

PUBLICIDADE