Bota a andar o Euroscola 2007, coa participación de 613 equipos españois

martes, 24 de abril do 2007 Raquel Noya

Baixo o lema A Unión Europea, 50 anos despois vén de arrincar a XIV convocatoria do concurso en liña Euroscola 2007, que reúne un total de 613 equipos españois, 77 romaneses, 15 gregos, 10 letóns, 7 chipriotas e 6 lituanos. O obxectivo deste certame (con versións en español e inglés) é o de informar @s moz@s da Unión Europea da celebración (este ano) do 50º Aniversario do Tratado de Roma e pedirlles que reabran o debate sobre o modelo que desexan para o futuro do organismo, así como promover o uso racional de Internet como ferramenta educativa, de información e de comunicación.
Nesta edición, que se enmarca como a do pasado ano dentro da campaña Falamos de Europa, o premio final para o equipo vencedor é a participación no programa Euroscola do Parlamento Europeo en Estrasburgo ó longo do curso académico 2007-2008, máis unha axuda financeira para emprender a viaxe, que varía (en función da distancia) entre os 7.000 e os 10.000 euros.
O concurso durará tres semanas, con unha a maiores de recuperación e outra (do 21 ó 25 de maio) de proba final, na que se decidirán os gañadores desta edición. A inscrición mantense aberta aínda até o vindeiro 30 de abril.

PUBLICIDADE