Borja Adsuara insta á colaboración para avanzar cara ás cidades intelixentes

mércores, 20 de marzo do 2013 Redacción

No marco das actuacións realizadas co propósito de contribuír á promoción e ao desenvolvemento das TIC, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), o Consello Territorial de AMETIC Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizaron esta mañá en Santiago unha conferencia titulada Smart Cities e conectividade, impartida polo director xeral de Red.es, Borja Adsuara Varela, acompañado pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, encargada de pechar o encontro que contou con grande presenza de profesionais do sector TIC galego.
Adsuara salientou na súa presentación o importante labor desenvolvido por Red.es para impulsar as cidades intelixentes, para o que subscribiron distintos convenios con concellos como o de Sevilla e Málaga, detallando tamén que “o mundo está a cambiar: todo é Smart, intelixente: cidades, teléfonos, redes. Etc. As novas cidades están empezando a actuar do mesmo xeito. Os edificios, as casas, os semáforos... todo nos está a falar polo que é o momento de actuar”, instando a formular modelos que permitan ás cidades atender ás crecentes demandas dos seus residentes e a “traballar conxuntamente de cara a desenvolver un modelo de xestión sustentable, así como mellorar a calidade de vida dos cidadáns”.

PUBLICIDADE