Booklet, un clon de Paper para Windows Phone

mércores, 19 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

A aplicación para facilitar o consumo de información dende o iPhone de Facebook, Paper, que polo momento só está accesible na App Store estadounidense, conta xa cun clon para Windows Phone 8 desenvolvido por JDB Pocketware (compañía que quere deixar claro que é independente de Facebook) que responde ao nome de Booklet, e que pode descargarse de balde na súa versión de probas que, pese a amosar bastantes problemas no seu funcionamento, permite reproducir parcialmente a experiencia de uso de Paper en móbiles co sistema operativo de Microsoft.
O funcionamento de Booklet é moi sinxelo, permitindo movernos polos nosos contidos de Facebook cun dedo, e facilitando a segmentación dos contidos por categorías (para axilizar a súa consulta), diferenciándose principalmente de Paper achegar os contidos temáticos en función das páxinas das que gustemos en Facebook e non en contidos seleccionados por parte dos desenvolvedores da aplicación.

Booklet presenta unha aparencia e funcionamento moi semellantes ao de Paper

PUBLICIDADE