Boa acollida dos libros de Harry Potter en formato dixital

mércores, 4 de abril do 2012 Marcus Fernández

Os libros están <a href="http://www.theverge.com/2012/3/27/2905753/harry-potter-ebooks-available-kindle-nook-google-play-pottermore">dispoñibles dende distintos dispositivos</a>A semana pasada a páxina web Pottermore estreou a saga de Harry Potter en formato dixital a prezos bastante atractivos (os libros parten de 5,98 euros e a colección completa pode adquirirse por 46,28 euros) e, pese a que estamos a falar dunha das obras máis pirateadas a través da Internet (precisamente por carecer dunha edición dixital legal) a súa acollida foi espectacular, e o xerente de Pottermore, Charlie Redmayne, asegurou que nos 3 primeiros días á venda conseguiron superar o millón de libras esterlinas (1,2 millóns de euros) en ingresos, polo que podiamos estar a falar dunhas 164.000 copias vendidas, resultado realmente prometedor.
Redmayne asegura que analizaran as vendas dos libros físicos para prever as compras en dixital, pero os resultados finais superaron todas as súas expectativas. Así comenta que “seguen a superar todo o que vin en vendas de libros electrónicos... todo o que Harry Potter fai supera as expectativas”.

PUBLICIDADE