Bloom facilita a carga de imaxes a Facebook

mércores, 20 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Moitos internautas comparten fotografías a través de Facebook en vez de utilizar para iso servizos máis axeitados coma Flickr ou Picasa Web Albums, e para facilitar a carga de galerías de imaxes e mesmo vídeos chega a aplicación de escritorio Bloom 2.7, que facilita estas publicacións por lotes, e incluso optimiza as imaxes para que manteñan a maior calidade posible ao incorporarse a Facebook.
Esta aplicación está dispoñible de xeito nativo para Windows (de 32 e 64 bits) e Mac OS X, sendo posible acceder á mesma tamén a través dun cliente Java para Linux (tamén compatible coas anteriores plataformas).

PUBLICIDADE