Bliquo amosa información de lecer urbano no iPhone

venres, 12 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A chegada do GPS aos smartphones está a supor todo un revulsivo para as buscas locais, xa que a localización de eventos, locais e servizos vese potenciada e mellora en usabilidade. O iPhone é un dos terminais nos que máis produtos intentan explotar este novo nicho de mercado, e o último do que temos coñecemento é Bliquo, un buscador de lecer urbano que agrega a información de Atrápalo, Réstalo, Salir.com, PáginasAmarillas.com e 11870.com de xeito que coloca na palma da man información sobre restaurantes, cafeterías e bares, podendo filtralos non só por proximidade, senón tamén por tipos de local e prezo, resultando tamén de moita utilidade a súa vea social, xa que podemos consultar valoracións e opinións sobre os locais.
No futuro pretenden que a aplicación poida utilizarse para realizar reservas en restaurantes e coñecer ofertas publicadas polos locais.

PUBLICIDADE