BlackBerry abandona o mercado xaponés

xoves, 7 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Aínda que parece que o lanzamento de BlackBerry 10 está a ser relativamente bo, a chegada dos smartphones BlackBerry Z10 e Q10 está a ser demasiado progresivo, e agora sabemos que non chegarán a todos os territorios, publicando o diario Nikkei Business que a compañía canadense non asumirá o custo de adaptar os seus novos móbiles ao xaponés, pois a súa reducida cota de mercado no país do Sol Nacente non xustificaría tal esforzo.
A cota de mercado de BlackBerry no Xapón pasou do 5% ao 0,3%, de xeito que é tan residual que a compañía carece de motivos para manterse nun mercado tan difícil, como tamén ten comprobado nas súas propias carnes Microsoft, que non foi capaz de facer popular a súa Xbox 360 no Xapón pese a ser unha consola moito máis popular que a PS3 nos EE.UU.
Este tipo de informacións poñen en dúbida o futuro de BlackBerry pois, pese a que BlackBerry 10 sexa unha plataforma sólida e atractiva, adiouse excesivamente o seu lanzamento, polo que durante 2012 RIM non puxo á venda ningún terminal relevante, perdendo a tracción necesaria para manterse no xogo, polo que agora precisa dun esforzo adicional se quere conservar certo peso na competición.

PUBLICIDADE