Bill Gates destaca en Berlín unha experiencia educativa española

xoves, 24 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Durante o Foro de Líderes Gobernamentais organizado por Microsoft en Berlín coa idea de atopar novas sistemas para «conectar ós cidadáns cos seus gobernos» Bill Gates gabou o proxecto educativo desenvolvido en Aliño (Aragón) onde os estudantes de primaria están a facer un uso práctico impresionante dos seus equipos Tablet PC, creando o que se coñece coma aula autosuficiente, e que podería ser o futuro da educación.
Alumnos e profesores participantes neste importante proxecto viaxaron ata Berlín, onde se atoparon con Gates, e se presentaron coma un exemplo dentro do proxecto Partners in Learning, que trala experiencia en Ariño chega xa a máis de 90 millóns de alumnos en 101 países, pretendendo chegar nos vindeiros 5 anos ata os 160 países (para o que farán un investimento de máis de 235 millóns de dólares).
O seguinte vídeo nos ilustra sobre o funcionamento da aula autosuficiente de Ariño:

PUBLICIDADE