Barrantes e Escusa xa contan con acceso de banda larga á Internet

mércores, 1 de xuño do 2011 Redacción

A Administración galega continúa a facer reconto dos avances do Plan de Banda Larga 2010-2013, e agora detallan que o concello de Ribadumia na comarca pontevedresa de O Salnés evolucionou moi positivamente na cobertura da banda larga, pois ao comezo do Plan tiña unah cobertura do 57,14% da súa poboación, chegando xa ao 92,74% e pretendendo chegar ao 97,49% cando rematen estas iniciativas de mellora de infraestrutura que permiten que os cidadáns poidan contratar conexións fixas a 6 Mbps de velocidade a través do operador Movistar.
As actuacións do Plan de Banda Larga 2010-2013 en Ribadumia consistiron principalmente no espallamento de redes fixas aos núcleos de Barrantes e Escusa, que aglutinaban a máis da metade dos habitantes sen cobertura no municipio.

PUBLICIDADE