BMW é o primeiro fabricante en incorporar as buscas locais de Google nos seus vehículos

luns, 3 de setembro do 2007 Marcus Fernández

A BMW, avanzando na súa aposta polos sistemas de navegación por satélite no automóbil, estrea en Alemaña ConnectedDrive, que suma ós mapas de Google o servizo de buscas locais do buscador de Internet, de xeito que o rueiro se pode empregar tamén para a localización de empresas e outros lugares incorporadas nas guías das cidades.
Os resultados das buscas realizadas no sistema de navegación do coche achéganse da Internet, e con esta nova tecnoloxía BMW convértese no primeiro fabricante do mundo en incorporar o servizo de busca local de Google no automóbil.

PUBLICIDADE