BIC venderá móbiles en Francia

luns, 14 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O 7 de agosto chegará ás tendas francesas un móbil por 49 euros que sorprende por vir dun fabricante coma BIC, máis coñecido por outro tipo de produtos. O BIC phone vén con 60 minutos en chamadas (a través de Orange), a batería cargada e a tarxeta SIM colocada, de xeito que estaría listo para funcionar dende o primeiro momento, podéndose utilizar o seu saldo inicial durante os 2 primeiros meses de uso, e podendo durar o número telefónico como mínimo 12 meses, podendo recargarse e servido tanto para a realización e recepción de chamadas e SMS.
Se fala deste novo terminal de BIC coma se fose desbotable, aínda que o certo é que simplemente é máis doado de vender, xa que estes móbiles serían de abrir e usar aínda que a lexislación actual podería supor un atranco, xa que na actualidade é obrigado identificar aos usuarios de telefonía prepago, o que fai que o proceso de compra destes móbiles non sexa tan instantáneo coma o seu concepto apuntaría (e como é posible que se poida vender en moitos países fóra de Europa).

PUBLICIDADE